Nova web de GALICIA360 !! www.galicia360.com

Despois de meses de duro traballo, presentamos a nova web de GALICIA360.com, con moitas melloras para adaptarnos á rápida evolución tecnoloxica. Agora podemos ofrecer todas as nosas imaxes en formato VR, visibles en todos os teléfonos e tablets de forma inmersiva usando as lentes de realidade virtual VR, tamén melloramos a calidade das imaxes dado o aumento da velocidade da rede da internet. E outras melloras son a navegabilidad, agora pódense localizar as panorámicas facilmente usando o geomapa, e tamén usando o menú de categorías e zonas xeográficas. Tamén a web construíuse totalmente en galego, dispoñendo dun sistema de tradución automático a moitos idiomas.
Esperamos seguir sorprendéndote coas nosas fotografías panorámicas dos lugares emblemáticos de Galicia, e tamén pronto comezar a ofrecerche vídeo360, que será unha nova etapa no desenvolvemento de contidos.

O proxecto Galicia360 comezou no ano 2001 coa intención de ofrecer ao mundo a posibilidade de ver toda Galicia usando a tecnoloxía da fotografía en 360 graos, permitindo o espectador a posibilidade de ver os lugares máis emblemáticos, percorrer a costa, subir as súas montañas, coñecer as cidades, os seus lugares máxicos, vivir as súas festas e somerxerte nos seus frondosos vales.

A web na súa primeira etapa foi pioneira en fotografía panorámica en Galicia e en España, conseguindo o premio á mellor web de Turismo de Galicia en 2002.  Logo no ano 2008 renovouse con fotografías totalmente esféricas, e hoxe en día é un referente en fotografía panorámica, sendo coa actualización realizada agora no 2017, a primeira web en ofrecer todos os recursos turísticos destacables de Galicia en formato 360VR, podendo ser visionados cas gafas de realidade virtual, tanto en formato fotográfico 360VR HD, coma Video360 inmersivo 4K.

Galicia360 é un proxecto desenvolvido polo estudio de fotografía e multimedia FOTOPAMORAMA

Podes subscribirte á web por Facebook, Twitter , Google + , e recibirás as últimas novidades.

Compartir.

Comentarios están cerrados.